Mercado Labrega Natura

Lgogpeq.jpg

Labrega Natura reune produtoras e consumidoras con criterios agroecolóxicos todas as semanas na cidade da coruña


Quen somos?

 A Asociación reune consumidoras da cidade da coruña con mais de 20 familias labregas e pequenos produtores artesanais dos concellos próximos á Coruña.

As consumidoras apoian a asociación comprando e participanto no Selo Participativo

A nosa produción basea-se en criterios agroecolóxicos e de respeito pola fertilidade da terra.
• Non utilizamos abonos quimicos nen pesticidas ou herbicidas contaminantes.
• Producimos ou elaboramos produtos de modo agroecolóxico ou con materias primas ecolóxicas (tanto Certificadas “Oficialmente” ou non (Selo de Garantía)
• Vendemos os nosos propios produtos sen intermediarios a prezos xustos para produtor e consumidor.
• Estamos a crear un Selo de Garantia propio para o que precisamos o apoio de mais consumidores que queiran participar connosco nun Sistema Participativo de Garantía.
• Por iso as nosas explotacións están abertas as visitas do S.P.G. (Sistema Participativo de Garantía) dos consumidores que queiran comprobar o noso modo de produción

Que significa comprar aqui?
• Ao comprares nos nosos mercados ou encontros estás comprando diretamente ao produtor, axudando a unhas relacions de compra-venda mais xustas
• Estas comprando produtos saudables, sen venenos, nem transxénicos e con todas as suas propiedades
• Axudas a que as pequenas explotacións que cuidamos a terra podamos seguir traballando dun xeito digno e integrado nun sistema de economía social.


Como podo participar?
• Comprando regularmente nos nosos encontros os nosos produtos
• Facendo publicidade dos nosos encontros
• Participando connosco no Selo de Garantia para o que podes poñerte en contato co grupo de traballo do Sistema Participativo de Garantía do mercado (pregunta en calquera posto de venda)

NOTA: OS ENCONTROS DOS VENRES EN SANTA MARGARIDA QUEDAN CANCELADOS ATA NOVO AVISO POR DIFICULDADES COS PERMISOS MUNICIPAIS. INFORMAREMOS CANDO SE COMECEN A REALIZAR DE NOVO

 

Encontrolabrego.jpg

Onde estamos?
Todos os martes de 9h30 a 15h00 no primeiro andar do Mercado de S. Agustin, (hai ascensores para
quen necesitar)

CANCELADO POR ESTAR PENDENTE DE PERMISOS ->Todos os venres de 17h00 a 21h00 no parque de Sta Margarida xunto à cafetaria (entrada Ronda de Nelle) realizamos o Encontro Labrego onde podes encontrar mais información sobre o Selo e as nosas actividades

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos