Lgog.jpg

Criterios para a admisión de novas participantes

O obxetivo principal de Labrega Natura é o de fomentar o consumo ecolóxico e de proximidade, promover unha relación directa entre consumidoras e produtoras, e conseguir que a xente que decida vivir producindo ou transformando, consiga facelo dun xeito digno e integrandose nun sistema de economía social.

En base a isto, descríbense a continuación, os criterios para decidir a admisión para as novas produtoras/transformadoras que estexan interesadas en participar:

-na asociación,

-nalgún dos encontros ou mercados,

-no Selo Participativo

ou nas tres cousas.

CRITERIOS:

- Producir ou elaborar produtos de modo ecolóxico ou con materias primas ecolóxicas (tanto Certificadas “Oficialmente” ou non (Sistemas Participativos de Garantía))

Dentro deste criterio, pódese subdividir en:

1. Subcriterio técnico:

- Non transxénicos
- Non productos de sintese
- Non monocultivos
- Respeito polo medio onde está a explotación (auga, reciclaxe....)

2. Subcriterio “participativo”

- Explotacións abertos as visitas do S.P.G. (Sistemas de Participación de Garantía)
- Explotacións abertas a visitas de consumidores que queiran comprobar o modo de produción
- Participar abertamente nas actividades promovidas pola asociación, así como en calquer asunto relacionado (publicidade, asambleas, reunión coa administrasción....)

3. Subcriterio ético:

- Aceptar uns prezos mínimos cos que garantir á xente que se quere adicar a produción ou transformación, un modo de vida digno.
- Transparencia.
- Traballar para conseguir “facer grupo”; non ver os encontros, mercados como un lugar de competencia.
- Colaborar uns cos outros (axudandose, explicando, dicindo....)

4. Subcriterio legal

- Cada explotación farase cargo do seu produto.
- Cada explotación farase cargo da situación legal da xente que se encontre no seu posto de venda

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos