PROCESO DE ADMISION LABREGA NATURA
Ao solicitar a admisión o novo membro ten que decidir se quere:
-Facer parte como produtora da asociación,
-Participar nalgun dos encontros ou mercados ou
-Incorporarse ao Selo
Ou as tres opcións
PRIMEIRO
Informase de forma xeral ao novo posible membro dos nosos principais criterios, é dicir, somos unha asociación de produtores/transformadores primarios de orixe ecolóxica (non revenda), e entregánselle os nosos criterios do selo participativo para o seu coñecemento e que este conforme con eles.
SEGUNDO
Entregase unha ficha persoal-técnica que terá que cubrir e entregarnos a través de calquera membro da asociación, mail ou visita física ao mercado.
TERCEIRO
A partir de aquí habería 3 posibles casos:
Que o produtor /transformador estexa inscrito no Craega, e así poderíase ir realizando a incorporación de forma previa á visita á súa explotación/obradoiro.
Que non estexa inscrito no Craega, mais que un membro actúal do mercado avale a súa participación, tamén se podería ir realizando a incorporación.
Que non estexa inscrito no Craega, e non sexa coñecida a súa explotación por ningún membro do mercado, neste terceiro caso habería que realizar unha visita previa á incorporación onde o futuro membro explicaría in situ a súa ficha de incorporación, a poder ser esta visita non debería demorarse máis de unha ou dúas semanas
CUARTO
A continuación votase no noso encontro ou mercado seguinte a man alzada ou mediante consulta por wassap se faltase algún membro, quedando aceptado o novo membro por maioría simple e en caso de votación positiva poderíase incorporar de forma inmediata.
QUINTO
En caso de non ser apto para incluír como membro por cuestións correxibles, axudaráselle a corrixilas canto antes para a súa incorporación.