Labrega Natura

SELO PROPIO DE CONFIANZA MÚTUA

Estamos desenvolvendo o noso propio Selo de Certificación axudados polas compañeiras de Zocamiñoca.

O Grupo Promotor, composto por 8 persoas está desenvolvendo reunións periodicamente para elaborar todo o organigrama e metodoloxia do Selo.

Para iso estamos analisando modelos referentes como o do Selo A Gavela (Vigo), a Rede Ecovida (Brasil), ou o Selo do Mercado da Terra (Lugo)

Brevemente disporemos dun sitio na rede onde oferecer toda a documentación, o proceso, a metodoloxía, etc.

SISTEMA PARTICIPACIVO DE GARANTÍA (SPG)
DEFINICIÓN:
Conxunto de ferramentas para a certificación acordadas por un grupo de produtores / transformadores locais de maneira horizontal e que establecen procesos que permiten avaliar, dentro das distintas explotacións, o grau de cumprimento dos criterios definidos polo grupo.


Os criterios principais que deben do SPG son os que se refiren á CALIDADE do produto e á CONFIANZA que hai que darlle ao consumidor.
Esta forma de certificación surxe da necesidade de moitos produtores que non queren ou non poden entrar dentro dunha certificación feita por terceiros pero que queren ofrecer aos seus clientes unha garantía conforme cumpren con criterios agroecolóxicos e sustentables.


Neste proceso de certificación tamén poden entrar a formar parte del outros axentes que non sexan produtores/transformadores; os CONSUMIDORES poden formar parte desta certificación e participar dunha forma activa, creando unha rede de confianza.


Así mesmo, tamén sería interesante a participación da administración como respaldo público a estes
sistemas de garantía de calidade que funcionan a nivel local.


FINALIDADE:
Os SPG teñen como fin principal o AVALIAR que as producións cumpran as distintas normas acordadas polo grupo. Pero outro fin destes sistemas, tan importante como a avaliación pura e dura, é o de ACOMPAÑAR E ASESORAR às persoas produtoras no seu proceso de mellora das prácticas
(por exemplo: se unha persoa produtora convencional quere pasarse á produción agroecolóxica, debería atopar no SPG un camiño para poder levar a cabo a súa transformación).

A certificación enténdese como un proceso continuo e sostido de mellora cara a prácticas cada vez máis sustentables.


BENEFICIOS DA INSTALACIÓN DUN SPG:
- Participación de todos os axentes implicados (produtores, consumidores, administración...): isto
implica a construción dunha cultura participativa.
- Nos SPG a certificación enténdese como un proceso continuo e sostido de mellora cara a prácticas
cada vez máis sostidos; isto difire completamente co enfoque dado polos Consellos reguladores, nos que a Certificación é o fin.
- Pola súa natureza participativa e de proximidade fomentan o traballo en rede e a cohesión a nivel
local no ámbito social e económico.


- SON FERRAMENTAS PRÁCTICAS DE ACTUACIÓN SOBRE O TERRITORIO CONSTRUÍDAS DESDE AS BASES ORGANIZADAS NO RELATIVO Á PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN DE ALIMENTOS